Publicador de contidos

Publicador de contidos

Semana de cortes na A-6 para anovar as instalacións eléctricas do túnel de Neira

Semana de cortes na A-6 para anovar as instalacións eléctricas do túnel de Neira

Interromperase a circulación entre o enlace de Becerreá/Cereixale o de Sobrado/Baralla

Esta semana estará cortado en sentido Madrid e a próxima en sentido A Coruña

G24.gal 31/05/2026 18:52 Última actualización 31/05/2026 20:14

Desde este luns, ás 8:00 horas, ata o venres ás 13:00, o túnel de Neira na A-6 estará cortado en sentido Madrid, para anovar e mellorar as instalacións eléctricas.

A circulación estará interrompida entre os quilómetros 456, no enlace de Becerreá/Cereixal, e o 469, no de Sobrado/Baralla.

Os desvíos estarán debidamente sinalizados, segundo informou o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.

Na seguinte semana, o corte producirase no mesmo treito pero en sentido A Coruña, tamén desde o luns e ata o venres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade