Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seis millóns de familias non poden vivir en condicións dignas

Seis millóns de familias non poden vivir en condicións dignas

Teñen que reducir o consumo de alimentos e electricidade porque non teñen o presuposto suficiente

Son datos dun informe de Cáritas

G24.gal 03/11/2022 18:59 Última actualización 03/11/2022 19:29

Uns 6 millóns de familias, é dicir, máis do 30% dos fogares en España, non poden vivir en condicións dignas o que significa que non teñen un presuposto suficiente e vense na obriga de reducir o consumo de alimentos e de electricidade. Son os datos dun estudo que Cáritas fixo público este xoves.

O informe destaca ademais que antes da crise da inflación, os fogares con ingresos mensuais inferiores a 1.500 euros destinaban a vivenda, alimentación e transporte 61 euros de cada 100. Cando remate 2022, destinarán máis de 90 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade