Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bruxelas eleva ao 2,4 % o crecemento do PIB en 2026 e prevé unha inflación do 3 %

Bruxelas eleva ao 2,4 % o crecemento do PIB en 2026 e prevé unha inflación do 3 %

A Comisión Europea sinala que a actividade económica en España seguirá sendo "relativamente boiante" pese á incerteza xeopolítica e o peche do estreito de Ormuz

Arquivo/Europa Press Arquivo/Europa Press
G24.gal 21/05/2026 11:53

A Comisión Europea revisou este xoves unha décima á alza a súa previsión de crecemento económico para España este ano, ata o 2,4 %, pese ao impacto da guerra en Oriente Medio e o encarecemento dos combustibles que, con todo, elevarán a inflación ata o 3 % no presente exercicio.

Nas Previsións de Primavera publicadas hoxe o Executivo comunitario sinala que a actividade económica en España seguirá sendo "relativamente boiante" en 2026 "pese á incerta contorna xeopolítica" e ao golpe que supoñen os maiores prezos enerxéticos polo peche do estreito de Ormuz, aínda que advirte da ameaza que a guerra supón para o turismo.

Aínda así, a revisión á alza do PIB español contrasta coa situación do resto de grandes economías da UE, que todas sofren recortes nas súas previsións e en especial con Alemaña, cuxa estimación pasa do 1,2 % ao 0,6 %.

O PIB de España, con todo, moderarase ao 1,9 % (unha décima menos que o calculado previamente por Bruxelas) en 2027, exercicio no que o incremento será do 2,5% (cinco décimas máis). 

O turismo, principal risco

O consumo privado, impulsado polo crecemento do emprego e a chegada de migrantes, e o investimento privado e dos fondos de recuperación serán os principais vectores que impulsarán o PIB tanto este ano como o seguinte.

En cambio, o "principal risco" da economía española virá pola "debilitación da actividade turística" como consecuencia do incremento dos custos e as disrupcións causadas polo conflito bélico e unhas "tensións" que tamén poderían prexudicar á confianza e ao consumo dos fogares e os investimentos empresariais.

Con respecto ao mercado laboral, Bruxelas cre que a "forte" chegada de migrantes apoiará a creación de emprego este ano, que pechará cunha taxa de desemprego do 9.9 %, pero este impulso suavizarase posteriormente en liña coa desaceleración gradual da economía para acabar 2027 cun paro do 9,6%.

Déficit do 2,4%

En canto ás contas públicas, Bruxelas estima que o déficit público español "estabilizarase" no 2,4 % do PIB, unha cifra que é idéntica á de 2025 pero tamén tres décimas superior á proxectada pola institución no outono.

Os ingresos procedentes de impostos directos como o IRPF ou o Imposto de Sociedades seguirán sendo "fortes" e apoiaranse no "elevado crecemento" das ganancias de capital, o incremento retroactivo dos soldos públicos e a entrada en vigor do imposto mínimo global para sobre as multinacionais.

Pola contra, a recadación verase afectada polas reducións do IVE e dos impostos especiais decretadas fronte á crise enerxética, cun impacto global do 0,2 % do PIB.

A isto súmase, un aumento do gasto equivalente ao 0, % do PIB polo paquete de axudas a agricultores, transportistas, fogares vulnerables e industrias electrointensivas, así como outro do 0,3 % polas inundacións en Andalucía e Estremadura.

As medidas enerxéticas e as axudas polas inundacións terán un impacto menor nas contas de 2027, que segundo Bruxelas pecharán cun déficit do 2 %, continuando coa tendencia á baixa e distanciándose do límite do 3% que fixan as regras orzamentarias da UE.

A débeda pública, pola súa banda, caerá por baixo do 100 % ao peche de 2026, segundo os cálculos de Bruxelas, que sitúan este indicador no 99,6% ao acabar este ano e no 98,9% en 2027.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade