Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seis detidos e dous feridos nunha liorta en Viveiro na que se usou unha motoserra

Seis detidos e dous feridos nunha liorta en Viveiro na que se usou unha motoserra

O suceso rexistrouse contra as 3:00 horas da madrugada, na zona de Cantarrana, en Covas

Un vídeo recolle a lea entre dous grupos de mozos

G24.gal 17/07/2022 15:13 Última actualización 17/07/2022 17:04

A Policía Nacional detivo seis persoas nunha liorta en Viveiro na zona de Cantarrana, e durante a que se exhibiu unha motoserra, por un suposto delito de rifa tumultuosa, co emprego de obxectos contundentes. Os axentes interviñeron a un dos implicados a motoserra que levaba.

Dúas persoas feríronse e precisaron traslado ao hospital da Mariña, unha cun corte na cabeza e outra, nun brazo e nas pernas.

O incidente sucedeu pasadas as tres da madrugada, en Covas fronte ao campo de fútbol de cantarrana e un local de ocio nocturno.  O Centro de Emerxencias do 112  recibiu chamadas de varias persoas que avisaban da refrega e deu traslado á  Policía Nacional e Local, a urxencias sanitarias 061, que desprazou dúas ambulancias de soporte vital básico, e a Garda Civil.

Dous grupos de persoas enfrontáronse a golpes e utilizaron distintos obxectos para causar máis danos. Un vídeo que recolle a lea circulou este domingo nas redes sociais, A Policía Nacional en colaboración coa Local de Viveiro logrou disolver a pelexa e producíronse seis detencións.

Son catro homes e dúas mulleres. As dúas mulleres quedaron en liberdade por entender que non causaron ningunha das lesións, mentres que os catro varóns pasan o luns a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade