Publicador de contidos
Publicador de contidos

Citadas en Vigo 4.500 persoas para recibir o reforzo de Janssen

Citadas en Vigo 4.500 persoas para recibir o reforzo de Janssen

4.500 persoas vacinadas con Janssen foron citadas na tarde deste sábado para recibir a dose de reforzo no IFEVI de Vigo.

Seguen as terceiras doses a maiores de 70 e continúa o proceso de vacinación libre para os non vacinados e para os que non teñen a pauta completa.

 

G24.gal 27/11/2021 21:37

Toda a xente citada na tarde deste sábado no IFEVI ten algo en común. Xa están vacinados con Janssen, pero van recibir a segundo dose de reforzo.

Foron citadas 4.500 persoas pero este proceso de reforzo para os vacinados con Janssen comezou o xoves e rematará o martes. Deste xeito 122.700 galegos e galegas coa vacina monodose quedarán máis protexidos fronte ao virus.

Son unhas 10.000 persoas diarias as que son citadas a este proceso de vacinación no IFEVI. Polas mañás póñense terceiras doses os maiores de 70 pero tamén vacinan sen cita os que non completaron a pauta ou os que non teñen ningunha dose. 

Este domingo este punto de vacinación masiva volverá abrir as súas portas con dobre xornada de mañá e tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade