Cargando resultados...
Segue sen chover en Ourense e seguen as temperaturas altas
Nas horas centrais do día a cidade de Ourense chegou aos 30 graos.
Segue sen chover en toda a provincia
A situación é preocupante nos ríos e encoros
G24.gal
05/10/2022 20:48
Última actualización 05/10/2022 21:42
Segue sen chover na provincia de Ourense, o oasis galego. Hoxe na capital chegouse aos 30 graos. Son temperaturas de verán, que gustan a uns e desgustan a outros, sobre todo pola seca que tanto está a afectar os nosos ríos e encoros.
A xente agarda impaciente algo de choiva. Polo momento, todo indica que haberá que agardar ata volvela ver.