Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sigue estes consellos para evitar afogamentos e sustos

Sigue estes consellos para evitar afogamentos e sustos

Este ano estase a vivir un verán negro en canto vítimas de afogamento en toda España

G24.gal 04/08/2023 17:17

No que levamos de 2023, 19 persoas morreron afogadas en Galicia. En España a cifra elevouse case un 13 % respecto ao ano pasado.

De aí a importancia de lembrar estes básicos consellos para evitar sustos nun día de praia ou piscina:

  1. Comprobar a bandeira

  2. Atender as indicacións dos socorristas

  3. Respectar as zonas de baño e as boias

  4. Nadar acompañado e en paralelo á costa 

  5. Evitar as comidas copiosas e a exposición prolongada ao sol

Atender as indicacións dos socorristas e as bandeiras, avisalos mesmo antes de entrar na auga ante un posible caso de afogamento dalgunha outra persoa, respectar as boias que marcan as zonas de baño e en caso de contar con algún elemento flotante non confiarse. 

Tamén hai que contar coa perigosidade intrínseca dalgunhas praias: resaca, grandes ondas..., así como tampouco confiarse de elementos flotantes que poden dar esa falsa seguridade aos bañistas.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade