En outubro os consumidores pagaremos unha factura récord de máis de 100 euros
A suba da luz, entre o que máis preocupa os cidadáns
Segundo a OCU, en outubro imos pagar unha factura récord de máis de 100 euros
A suba da factura da luz xa está entre o que máis preocupa os cidadáns, sobre todo ao comparar o recibo co de hai un ano.
"Pago uns 8 ou 9 euros máis", conta outra consumidora que notou o incremento ao volver das vacacións, "cunha factura de máis de 200 euros"
Segundo a OCU, a suba na factura supera xa o 30 por cento, e advirten "a pesar das medidas do Goberno que supoñen unha redución de 30 euros na factura, no mes de outubro os consumidores imos pagar unha factura marca de máis de 100 euros", explica Enrique García.
Na última enquisa do CIS, máis dun 90% dos cidadáns cre que a a luz debería ser como a auga, un ben de consumo básico, e apoian unha intervención pública para controlar os prezos: "Que fose o máis subvencionada posible".
E mentres medra a preocupacion dos cidadáns, chega un novo revés de Europa. Un informe rexeita fixar topes ao prezo da luz como propón España, porque pode comprometer a subministración.