Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanxenxo colabora co Sergas para atraer médicos durante o verán

Sanxenxo colabora co Sergas para atraer médicos durante o verán

Sanxenxo oferta vivenda a facultativos de fóra de Galicia

Necesitan 4 médicos de familia para reforzar o servizo asistencial durante os meses de verán

Pisos de alugueiro en Sanxenxo
G24.gal 27/05/2022 14:25

É un convenio de colaboración pioneiro en Galicia entre o Sergas e o Concello de Sanxenxo.

 "Nós facémonos cargo do contrato do médico ou dos médicos que teñen que vir de fóra de Galicia para non entrar en competencia coas demais áreas sanitarias e o Concello de Sanxenxo facilita a vivenda de balde" explica  Jose Ramón Gómez, xerente da área sanitaria Pontevedra-O Salnés.

Sanxenxo precisa de 4 médicos para cubrir as necesidades dunha poboación que no verán supera os 100.000 habitantes. A falta de profesionais é un problema ano tras ano. Ofertar vivenda de balde pode ser un bo reclamo.

 "Son 4 vivendas de dous cuartos que queremos que estean no mesmo edificio para que os facultativos non digan 'oes porque eu estou máis lonxe', e entón queremos que sexan no mesmo edificio para os catro", apunta  Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo.

Se cadra non van ser pisos con vistas, porque os prezos no verán dispáranse e o Concello ten que axustarse a un presuposto. Hoxe deciden con cales quedan e o luns asinaranse os contratos de alugueiro.

"Calculamos máis ou menos 24.000 euros, 4 meses e 4 vivendas ou sexa máis ou menos a 1.500 euros de vivenda por mes", continúa o alcalde.

Con este reclamo esperan atraer os médicos que precisan e de funcionar esta proposta non descartan ampliala a outros concellos co mesmo problema.

 "Se a resposta é positiva, pois seguramente tamén sería oportuno estendelo a outros concellos", afirma o xerente da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade