Santiago rexistra máis de 30 litros por metro cadrado en dúas horas na treboada do domingo
Cóntase que esta situación de tormenta continúe durante esta semana
O barrio do Sar foi un dos máis afectados polas treboadas que caeron sobre Santiago esta fin de semana.
Na estación meteorolóxica do Observatorio da Universidade rexistráronse algo máis de 31 litros por metro cadrado en pouco máis de dúas horas.
O pedrazo petaba nos cristais e as riadas de auga acumulada enchían as zonas baixas e facían rebentar as redes de sumidoiros nalgúns puntos.
Só durante este domingo rexistráronse 4.600 raios en toda Galicia.
Os que máis sufriron a treboada foron os que os pillou conducindo.
A previsión é que esta inestabilidade siga deparando situacións semellantes este luns e tamén nos próximos días. Cóntase que sexan máis fortes no sur, sobre todo na provincia de Pontevedra e Ourense e nas montañas de Lugo.