Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago recibe cifras récord de peregrinos e turistas

Santiago recibe cifras récord de peregrinos e turistas

Moitos negocios tiveron que reforzar o persoal con novas contratacións porque non dan abasto

É a primeira vez na historia que se chega ás 200.000 compostelas antes do 25 de xullo

G24.gal 09/08/2022 14:43 Última actualización 09/08/2022 15:15

Estas últimas semanas  Santiago acadou cifras récord de visitantes.  
Cifras de visitantes nunca alcanzadas antes, tanto de turistas coma de peregrinos.
É a primeira vez na historia que se chega ás 200.000 compostelas antes do 25 de xullo. E o ritmo non diminúe. Onte mesmo entregáronse nun só día preto das 2.600 credenciais na Oficina do Peregrino.

Este ano xacobeo está a ser un éxito sen precedentes na capital galega e isto reflíctese no sector da hostalería. Moitos negocios tiveron que reforzar o persoal con novas contratacións porque non dan abasto. 

Este mes de agosto está sendo forte, nos di un hostaleiro do centro histórico da cidade.

É difícil lembrar un ano en que a capital galega recibise un volume semellante de visitantes. Unha boa noticia para o sector da hostalería que, este ano si, sen restricións e co reclamo do ano santo, recupera os niveis de ocupación e gasto prepandemia.

A cousa vai ben. Agárdase que siga así e mesmo que mellore. "Que agosto siga así e que chegue setembro, mes no que habitualmente chegan turistas con elevado poder adquisitivo", conta outro hostaleiro.

Estes días camiñar polas rúas do centro histórico de Santiago faise, ás veces, ata complicado debido a cantidade de xente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade