Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago inagura as lecturas en silencio para retormar a comunidade

Santiago inagura as lecturas en silencio para retormar a comunidade

O programa "Le comigo" organiza quedadas lectoras para conformar comunidades a partir de propostas de lectura

Víctor Freixanes, o anterior presidente da Real Academia Galega, protagonizou a primeira quedada desta tempada

Hai previstas outros cinco encontros ata o mes de xuño

 

G24.gal 26/04/2026 14:58

Desta vez toca non falar, non dicir nada, quedar en silencio e que o balbordo do mundo desapareza baixo as leis do tempo e dun universo persoal de mutismo omnímodo, rexido polo discorrer de parágrafos descontinuos de verbas e significados. De arriba abaixo, de esquerda a dereita.

"Nunha lectura dificilmente se acepta o "menage a trois". É unha cousa persoal. Apáganse as luces e non hai máis ca ti e o texto que estás lendo. Polo tanto é un acto de intimidade grande. Compartilo cos amigos e amigas nesta mañá de domingo é unha experiencia bonita", comenta Víctor Freixanes, o anterior presidente da Real Academia Galega.

"Le comigo" é unha iniciativa que pretende crear comunidades lectoras a partir dun lugar, un literato e un tema. Esta mañá botaba a andar en Santiago de Compostela a súa segunda tempada tendo de protagonista a Víctor Freixanes, o que foi presidente da Real Academia Galega ata o ano pasado. 

"Nós poñemos unha temática; convocamos un escritor, un xornalista ou á persoa que vai guiar a quedada, e comezamos ás once e media da mañá os domingos e rematamos ás dúas da tarde. Temos unha hora de lectura en silencio, unha hora falando co autor e a primeira hora media hora falamos do espazo no que estamos" asegura Gemma Sesar, directora de "Le comigo".

As quedadas de lectura están dirixidas a todo o mundo, particularmente aos que lles guste ler e escoitar. Hai programadas cinco entregas máis ata xuño.

"Penso que esta iniciativa está moi ben para ler en silencio pero tamén para socializar arredor da lectura porque despois hai conversas arredor dos libros", relata un dos participantes.

E entre o silencio e os libros, da experiencia persoal da lectura xorden as conexións coa comunidade.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos