Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade vai comezar en Ferrol un proxecto de cribado de cancro de próstata

Sanidade vai comezar en Ferrol un proxecto de cribado de cancro de próstata

Van participar 12.000 homes de entre 50 e 69 anos, que empezarán a recibir a súa cita o vindeiro luns

G24.gal 10/06/2024 20:36

A Consellería de Sanidade vai iniciar a próxima semana un proxecto piloto de cribado de cancro de próstata na área sanitaria de Ferrol, ao que convocará a uns 12.000 homes de entre 50 e 69 anos que a partir do luns recibirán unha mensaxe coa convocatoria.

Segundo explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, con este cribado "pioneiro" en toda España preténdese previr un tipo de cancro que causa unhas 500 mortes ao ano en Galicia, xa que, se todo funciona ben coa proba piloto, o sistema estenderase a todas as áreas sanitarias galegas.

As novas probas, que se inician cunha citación para a extracción dunha mostra de sangue, enmárcanse nun proxecto europeo para mellorar o diagnóstico precoz desta enfermidade e reducir os falsos positivos.

Galicia será a primeira rexión en dar comezo ao proxecto, no que tamén participan Cataluña , Lituania, Polonia e Irlanda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade