Cargando resultados...
Sanidade retira do mercado un test de antíxenos que daba resultados positivos falsos
Trátase do test de Genrui Sars-Cov-2 Antigen Test Kit
A alerta saíu da autoridade competente irlandesa (HPRA)

G24.gal
09/01/2022 18:35
A Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios (AEMPS) pediu que non se comercialice e que se retire do mercado un test de antíxenos para a detección do SARS-Cov-2 fabricado pola farmacéutica chinesa Genrui Biotech "debido a un posible incremento de resultados de falsos positivos".
A Axencia comezou unha investigación sobre o produto e requiriulles aos distribuidores que o retiren do mercado de xeito voluntario.
Distribuíase desde cinco empresas de Madrid capital, Xetafe, Barcelona, Sevilla e Asturias.