Cargando resultados...
Sanidade incide na importancia de empregar o 061 só para emerxencias ou casos graves
O número covid é o 881 54 00 45
Nesta páxina web pódese consultar información sobre o coronavirus dirixida á poboación

G24.gal
10/01/2022 17:33
A Consellería de Sanidade insiste na importancia de non saturar a liña telefónica do 061 dirixida a urxencias para comunicar casos leves de coronavirus.
Para ese fin está habilitado o número 881 54 00 45, onde a cidadanía pode informarse sobre o coronavirus ou notificar un autodiagnóstico positivo con test de antíxenos. Tamén se poden notificar positivos a través deste formulario.
A información relacionada coa Covid-19 tamén está recollida na páxina web do Sergas.