Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade autoriza unha cuarta dose para persoas inmunodeprimidas

Sanidade autoriza unha cuarta dose para persoas inmunodeprimidas

Para pacientes inmunodeprimidos, transplantados, enfermos de cancro, con infección por VIH ou síndrome de Down

Serán citados a partir do mes de febreiro

A dose de reforzo da vacina adiántase aos cinco meses e administrarase a todos os maiores de 18 anos

G24.gal 13/01/2022 18:31

O Ministerio de Sanidade autoriza a administración dunha cuarta dose da vacina indicada para aquelas persoas cun estado de saúde incluído no grupo 7 da estratexia de vacinación.

A picada administrarase polo tanto a pacientes inmunodeprimidos, transplantados, enfermos de cancro, con infección por VIH ou síndrome de Down.

Estas persoas que presentan condicións de moi alto risco de infección, cun sistema inmunitario moi debilitado e que recibiron unha dose extra durante o mes de setembro.

Agora serán citados en febreiro para recibir a cuarta dose, cando se cumpren 5 meses desde a terceira vacina ARNm.

Por agora, a cuarta dose non será de carácter xeral, só se establecerá para este grupo 7.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade