Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez presume de economía en Bruxelas e Feijóo acúsao de usar a UE para atacar o PP

Sánchez presume de economía en Bruxelas e Feijóo acúsao de usar a UE para atacar o PP

España asume este sábado a presidencia semestral do Consello Europeo

Os 27 celebran o último cumio antes da chegada de España á presidencia europea
G24.gal 29/06/2023 14:39 Última actualización 29/06/2023 15:01

Último consello da Unión Europea antes de que España asuma o vindeiro sábado a presidencia.  Pedro Sánchez aproveitaba a súa presenza en Bruxelas para lanzar mensaxes en clave electoral defendéndose das críticas do PP á súa política económica.

Tamén na capital europea, o líder do PP cuestionaba que esas políticas de Sánchez sexan as máis axeitadas. Feijóo lamenta que o Goberno critique os populares en xuntanzas da Unión Europea e que non lle dese ao PP ningunha información sobre a chegada á presidencia comunitaria.

España asumirá a presidencia nun semestre marcado pola evolución da situación en Ucraína, o aumento da competitividade para frear a inflación ou a transición ecolóxica. O pacto migratorio ou o fortalecemento das relacións coa China e América Latina serán outros eixos principais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade