Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez pide temperanza e paciencia fronte aos insultos da dereita e a ultradereita

Sánchez pide temperanza e paciencia fronte aos insultos da dereita e a ultradereita

O presidente participou no Congreso rexional que ratifica ao substituto de Vara

Primeira aparición pública do expresidente estremeño tras ser operado dun tumor

Sánchez con Fernández Vara e o novo líder dos socialistas estremeños
G24.gal 23/03/2024 14:31 Última actualización 23/03/2024 14:44

O presidente do Goberno dixo este sábado que España segue rompendo marcas na creación de emprego mentres a dereita rompe marcas de toxicidade. Sánchez pediu temperanza e paciencia e advertiu que non conseguirán destruír o Goberno.

O presidente interveu no Congreso do PSOE estremeño que despediu este sábado a quen foi o seu secretario xeral, Guillermo Fernández Vara.

Guillermo Fernández Vara recibiu este sábado un emocionado aplauso na que é a primeira aparición publica tras ser operado dun tumor estomacal. Na súa despedida Vara dixo que foi un privilexio ser presidente desta comunidade, secretario xeral do partido, e sobre todo, descubrir a súa foto en moitas casas.

"Non quero homenaxes, non quero medallas porque xa teño, sabedes cales son as miñas rúas, prazas e medallas, a foto na casa do estremeños".

Tras agradecer o traballo de Vara, o presidente do Goberno denunciou o que considera a polarización asimétrica que se vive en España, onde uns insultan, dixo, e outros son insultados. Sánchez asegura que mentres o Goberno rompe marcas de emprego, a oposición rompe marcas de toxicidade, e pediulles aos socialistas temperanza, paciencia e traballo para non caer en provocacións.

"Como respondemos a unha internacional ultradereitista que fixo da polarización e a crispación a súa única estratexia para destruír o Goberno? Levan seis anos intentándoo, pero xa lle digo que non o van conseguir, imos gobernar nove anos este país".

Desde Málaga, Elías Bendodo acusou ao presidente de vivir atrapado entre a chantaxe independentista e os casos de corrupción. Comparou o caso dos ERE de Andalucía co caso Ábalos e cre que se o presidente do Goberno non dá explicacións acabará sendo o caso Sánchez.

"Aquí hai caso para rato, para esta lexislatura e para a que ven, porque cada día sae un escándalo novo e se Sánchez na da esas explicacións, será o caso PSOE e o caso Pedro Sánchez".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade