Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez é elixido presidente da Internacional Socialista por aclamación

Sánchez é elixido presidente da Internacional Socialista por aclamación

"Se hai unha palabra que resume o que é ser socialista, socialdemócrata ou laborista é actuar", dixo

G24.gal 25/11/2022 17:31

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, foi elixido este venres novo presidente da Internacional Socialista por aclamación, un cargo que asume co ánimo de "actuar" fronte ao "pesimismo que pretende alimentar a dereita e os movementos reaccionarios na política nacional e internacional".

Sánchez foi elixido sen necesidade de votación novo presidente da Internacional Socialista para os próximos catro anos en substitución do exprimeiro ministro grego Yorgos Papandreu durante a celebración en Madrid do XXII Congreso desta organización, que agrupa a 132 partidos socialdemócratas, socialistas e laboristas de todo o mundo.

"Se hai unha palabra que resume o que é ser socialista, socialdemócrata ou laborista é actuar. Actuar significa rebelarse contra a resignación e dar motivos para a confianza fronte ao pesimismo que pretende alimentar a dereita e os movementos reaccionarios na política nacional e internacional", dixo no seu discurso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade