Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda afirma que Sánchez se compromete a enviar a Galicia “todos os medios posibles"

Rueda afirma que Sánchez se compromete a enviar a Galicia “todos os medios posibles"

Nunha conversa telefónica, o presidente do Goberno díxolle ao seu homólogo da Xunta que Interior se porá en conta para que a axuda se faga efectiva

A Xunta pedíralle por carta ao Goberno que lle envíe "calquera medio que estea dispoñible"

O presidente da Xunta visita do CECOP de Ourense O presidente da Xunta visita do CECOP de Ourense
G24.gal 15/08/2025 19:08 Última actualización 15/08/2025 19:32

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou en X que falou co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, sobre os incendios que afectan a Galicia.

Rueda asegurou que reclamou máis medios e que Sánchez se comprometeu a envialos.

“O presidente Sánchez acaba de chamar para interesarse polos incendios. Reiterei a necesidade de contar con todos os medios posibles e comprometeuse a que o ministro do Interior contactará coa Xunta para facelo efectivo”, escribiu Rueda.

 

 Pola mañá, Rueda anunciara que pediría por carta ao Executivo estatal “calquera medio dispoñible” para reforzar a loita contra os incendios en Galicia.

Situación en Ourense A provincia de Ourense continúa en nivel 2 de emerxencia pola evolución dos incendios forestais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade