Sánchez asegura que buscará unha investidura "auténtica" que respectará a Constitución
O presidente do Goberno en funcións non se refire ás críticas internas no PSOE pola expulsión de Nicolás Redondo
Núñez Feijóo pídelle a Sánchez que non ceda á chantaxe dos independentistas e asegura que estamos ante unha ameaza sen precedente á democracia
Pedro Sánchez reapareceu este venres en medio das críticas internas á expulsión do histórico militante socialista Nicolás Redondo. Sánchez non se referiu a este asunto, e dixo que segue adiante co plan para a súa investidura. Di que se Feijóo non a consegue, negociará con todas as forzas políticas.
O líder popular, pola súa parte, asegurou que estamos ante unha ameaza sen precedente á democracia. Núñez Feijóo, que participou nun acto con José María Aznar, pediulle a Sánchez que dea marcha atrás e que non ceda á chantaxe dos independentistas.