Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez anuncia 18 millóns de euros para reforzar a investigación na saúde das mulleres

Sánchez anuncia 18 millóns de euros para reforzar a investigación na saúde das mulleres

O programa pretende corrixir a infrarrepresentación feminina nos estudos biomédicos e triplica o investimento destinado a esta área 

EuropaPress
G24.gal 15/06/2026 10:53

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este luns un investimento de 18 millóns de euros para reforzar a investigación en saúde das mulleres a través do programa Somos. Contamos, Unha iniciativa coa que o Executivo busca combater a discriminación histórica da muller no ámbito da investigación biomédica. 

Durante a presentación do programa, Sánchez sinalou que o obxectivo é mellorar o coñecemento, o diagnóstico e o tratamento de enfermidades que afectan especialmente ás mulleres, como a endometriose, os trastornos asociados á menopausa, a dor crónica, as enfermidades autoinmunes ou determinados problemas de saúde mental. 

O presidente defendeu que a ciencia segue ofrecendo una visión "incompleta e imprecisa", de saúde das mulleres debido á súa menor presenza histórica nos ensaios clínicos e á escasa investigación sobre patoloxías femininas. 

A iniciativa inclúe medidas coordinadas a través do Centro para o Desenvolvmento Tecnolóxico e Industrial (CDTI), o Instituto de Saúde Carlos III e a Axencia Estatal de Invesigación, que impulsarán convocatorias e fondos específicos para proxectos centrados na saúde das mulleres. 

Segundo destacou Sánchez, o programa busca reducir unha "desigualdade estrutural e sistémica" que segue presente nos ámbitos de investigación e da innovacion biomédica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade