Publicador de contidos

Publicador de contidos

Samuel xa puido falar coa súa muller, que vive en Ghana

Samuel xa puido falar coa súa muller, que vive en Ghana

 Samuel volveu nacer, e a Igrexa evanxélica da que forma parte respira aliviada

Samuel Kwesi coa muller e dous dos fillos en Ghana
G24.gal 17/02/2022 14:30

 "Onte el tivo a oportunidade de chamar a súa muller e si que para ela foi algo grande porque unha cousa é que che digan que está ben e outra é que poidas escoitar a voz da persoa", informa Julio Torres, pastor da Igrexa evanxélica de Marín.

Días de angustia para a súa muller e os seus fillos. Son unha parte da familia numerosa que Samuel ten en Ghana. Onte recibiron con moita ilusión e alivio a chamada. E aliviados tamén en Marín porque alí ten a outra familia, a que formou dentro da comunidade evanxélica onde foi bautizado.

 "Samuel é unha persoa que a queremos moito, el é moi alegre, moi pronto para botar unha man a todo cando hai que traballar, non é un irmán na carne pero é un irmán na fe", conta Lola Lagos, membro da Igrexa evanxélica.

"A cea de Nadal, de Noiteboa pasouna cunha das familias da igrexa, era alguén disposto a axudar, a colaborar cun sorriso permanente", apunta o pastor.

A Igrexa evanxélica loce crespón negro. Dende que se coñeceu a noticia do naufraxio, rezar foi o único consolo.

"Aí estivemos clamando ao Señor para que el fora un dos vivos, e foi, o Señor librouno do mar", exclama Lola.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade