Publicador de contidos

Publicador de contidos

Samertolameu e Bueu xogarán unha praza de ascenso á ACT

Samertolameu e Bueu xogarán unha praza de ascenso á ACT

G24.gal 17/09/2022 21:35

Samertolameu e Bueu porán o domingo en xogo unha praza de ascenso á Liga ACT. A primeira xornada do play off deixou de manifesto a superioridade de Lekeitio, que gañou cunha boa marxe de segundos e ten todas as papeletas para permanecer na máxima categoría. 

Para a outra praza os dous equipos da Liga Galega demostraron estar por riba dos da ARC (Liga cántabro-vasca). Nin Pedreña nin San Pedro puideron estar á altura de Samertolameu e de Bueu e, nun principio, entre os dous tería que estar a segunda praza de ascenso.

Parte con vantaxe Samertolameu, que tivo un mellor final de regata e sacoulle 2.6 segundos a Bueu. O domingo, en Portugalete, veremos o desenlace final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar