Cargando resultados...
Salvan a vida dun cabalo que quedou atrapado entre a lama en Allariz
O animal achegouse ao río a beber e quedou atrapado entre a lama na beira
Dada a dificultade, o equipo tivo que mobilizar unha escavadora para dalo sacaado

G24.gal
31/05/2022 10:34
Voluntarios de Protección Civil de Allariz lograron salvarlle a vida a un cabalo. Foron alertados polo dono, que non o daba rescatado.
O animal achegouse ao río a beber e quedou atrapado entre a lama na beira. Dada a dificultade, o equipo tivo que mobilizar unha escavadora para dalo sacado.
Conseguiron rescatalo sen que nada lle pasase ao animal. Este martes á mañá, o cabalo, de 800 quilos, pastaba libremente na parcela xunto as vacas.