Publicador de contidos

Publicador de contidos

Salvamento Marítimo coordina dende Madrid a operación de rescate

Salvamento Marítimo coordina dende Madrid a operación de rescate

A alarma saltou sobre as cinco e media da mañá

"Mentres haxa esperanza seguiremos buscando", asegura o director de Salvamento Marítimo

Salvamento Marítimo segue minuto a minuto dende Madrid a operación de rescate
G24.gal 16/02/2022 14:21

Salvamento Marítimo coordina as tarefas de rescate dende Madrid, en contacto coas autoridades canadenses. Foi no seu Centro de Coordinación onde onte saltaba a alarma. Perdían o sinal da radiobaliza do Villa de Pitanxo. Tentaron contactar co barco, pero xa foi imposible. Nese mesmo momento activouse o operativo de rescate dende Halifax.

Foi contra as cinco e media da mañá. Unha vez que se perde o sinal da radiobaliza xa se poñen no peor. "Cando salta a alarma e se perde o sinal da radiobaliza", conta o director de Salvamento Marítimo, "o aviso é serio". Pero mentres haxa esperanza seguirán buscando, engadía.

José Luis García, director de Salvamento Marítimo, seguía no ordenador onde operan hoxe os barcos que participan na operación de rescate. O contacto é continuo cos seus homólogos canadenses e cos barcos que participan na operación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade