Saen á venda 1.200 entradas máis para o partido da selección española en Pontevedra
Poderán mercarse este xoves a partir das 16:00 horas na sede da Federación Galega na cidade do Lérez
A selección chegou esta mañá a Vigo e adestrarase pola tarde en Cambados

A Federación Galega confirmou esta madrugada que se porán á venda 1.200 entradas máis para o partido que van xogar este venres a selección española feminina e Italia correspondente á quinta xornada da Liga das Nacións, en que España pode apañar o billete definitivo para xogar as semifinais.
Esta cota corresponde ás que estaban asignadas pero devolveu a Federación Italiana e a un número que os patrocinadores do evento tamén rexeitaron.
As entradas só se venderán de xeito presencial (non se poderán mercar pola aplicación web) na sede de Pontevedra da Federación Galega, a carón do estadio de Pasarón, e cada persoa poderá acceder, como máximo, a dúas. O prezo será o mesmo que o ofrecido o primeiro día e o pagamento deberá realizarse con tarxeta bancaria.
A selección chegou esta mañá a Vigo e adestrarase pola tarde en Cambados para "preservar o estado do céspede" de Pasarón