Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sabes por que Londres ten unha rúa que se chama Vigo?

Sabes por que Londres ten unha rúa que se chama Vigo?

Bautizárona así en 1920

G24.gal 19/06/2024 21:31

Dende hai más de 300 anos, Vigo Street no centro de Londres relaciona, para sorpresa de moitos, a capital británica coa cidade galega. 

Bautizada en 1920 e situada entre Regent Street e Savile Row, dúas das rúas máis emblemáticos do centro de Londres, moitos galegos que pasan por aquí pregúntanse se Vigo Street está relacionada con Vigo.

A resposta é que si.

O seu nome conmemora a vitoria naval anglo-holandesa sobre españois e franceses na batalla de Rande no 1702, coñecida en inglés como a batalla da baía de Vigo, de aí o seu nome.

Pero, a pesar de ser unha rúa moi pequena, ten un peso importante no sector literario londiniense, xa que aquí se fundaron varias revistas literarias a finais do século XIX e aquí tamén se fundou en 1935 unha pequena editorial de libros chamada Penguin Books. que se acabou convertendo nunha das principais editoriais do mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar