Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sabadell é necesario para ter un mercado financeiro competitivo, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Sabadell é necesario para ter un mercado financeiro competitivo, por Venancio Salcines

Sedes de BBVA e Sabadell/ Foto de arquivo/Europa Press
Venancio Salcines 05/05/2025 08:03

Na crise financeira e no marco dunha nacionalización e posterior privatización masiva de entidades financeiras, impúxose unha máxima: España debería construír o seu sistema con entidades por enriba dos cen millóns de activos. É dicir, entidades grandes, esa máxima ninguén a cuestionou e serviu para potenciar que os bancos absorbesen as caixas nacionalizadas.

Aínda que temos máis dunha ducia de entidades, xogadores nacionais só temos catro: BBVA, Caixabank, Santander e Sabadell. A maiores, adoita existir unha entidade con forte presenza local; no caso de Galicia, Abanca. Pero a gran verdade escondía unha gran mentira, afirmar que o mercado de crédito é único e todos compiten con todos. Na realidade, temos catro nichos ou segmentos: particulares ou familias, pequena empresa, mediana, grande e sector público. Certamente nos dous primeiros compiten todas as entidades, pero en mediana empresa xa non están todas, e no caso das grandes practicamente só temos tres.

A absorción do BBVA déixanos un mercado con moi poucos xogadores no segmento de mediana empresa, onde os que quedan poden facilmente chegar a unha situación fáctica de non agresividade, é dicir, de asumir as cotas de mercado e querer mellorar a súa rendibilidade vía subida de xuros. Vai ocorrer? Non o sabemos, o que si temos claro é que sendo poucos os que estean no mercado é máis sinxelo que poida pasar, e isto non favorece a ninguén salvo ás entidades financeiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade