Cargando resultados...
Ruptura no corazón da S. D. Compostela
Antonio Quinteiro reclamoulles nas últimas horas aos actuais dirixentes do Compostela un total de 2.800.00 euros en concepto de débeda
S. D. Compostela
G24.gal
05/12/2022 14:03
Última actualización 05/12/2022 14:08
Prevense varios meses de moito movemento na S. D. Compostela. Hai investidores ás portas da entidade, pero hai unha reclamación do anterior presidente que pode resultar decisiva para o futuro do club.
Antonio Quinteiro reclamoulle nas últimas horas aos actuais dirixentes do Compostela un total de dous millóns oitocentos mil euros en concepto de débeda coa súa persoa a través de créditos.
Antonio Quinteiro solicita o ingreso desa cantidade no prazo de cinco días hábiles na conta. Se non é así, iniciaría accións legais e penais contra os directivos que nestes momentos xestionan a S. D. Compostela.