Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda urxe o Goberno a "reforzar a rede eléctrica" e garantir as conexións

Rueda urxe o Goberno a "reforzar a rede eléctrica" e garantir as conexións

O presidente da Xunta asegura que "unha decena de proxectos de envergadura" dependen diso en Galicia

"Non falo de entelequias nin utopías. Falo de posibilidades reais. Coñezo os nomes e non son nin dous nin tres"

As eléctricas reclaman melloras na rede de enerxía para poder atender todas as peticións de conexión

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda saúda o presidente de Europa Press, Asis Martín de Cabiedes durante a xornada 'Galicia cara ao Futuro' organizada por esta axencia de noticias (Álvaro Ballesteros/Europa Press)
G24.gal 27/05/2025 11:34

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, criticou "a papeleta" do Goberno que dirixe Pedro Sánchez co "non explicado" apagamento xeral que afectou a Península Ibérica e lanzou unha advertencia. Afirma que é preciso "reforzar a rede eléctrica" e garantir as "conexións" porque o necesita a industria. De feito, revelou que ata "unha decena de proxectos de envergadura" depende diso en Galicia.

Deste xeito manifestouno o mandatario autonómico na apertura da xornada 'Galicia cara ao futuro', organizada por Europa Press, coa colaboración de Endesa, Naturgy, DIGI, Fujitsu, Grant Thornton e Reganosa.

Rueda criticou a xestión do Executivo central e a falta de información sobre as causas do apagamento e advertiu que existen investidores que "non as teñen garantidas" as conexións ás redes eléctricas.

"Non falo de entelequias nin utopías. Falo de posibilidades reais. Coñezo os nomes e podería dicir que non son nin dous nin tres, están arredor da decena os proxectos de envergadura que dependen disto", sentenciou o presidente galego sen concretar cales son estes proxectos.

Segundo Rueda, é preciso "tomar en serio o apagamento", reforzar a rede eléctrica e atender "a necesidade real e urxente do tecido industrial".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade