Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda pon Hijos de Rivera como exemplo da Galicia que medra

Rueda pon Hijos de Rivera como exemplo da Galicia que medra

A corporación inaugura nova sede na Coruña e reafirma o seu compromiso por medrar desde a terra

Rueda comprométese a seguir apoiando o tecido empresarial

G24.gal 19/06/2026 14:08

Galicia presume das súas empresas familiares. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo este venres Hijos de Rivera como exemplo dunha compañía capaz de medrar, competir nos mercados internacionais e manter ao mesmo tempo as súas raíces galegas.

A compañía inaugura nova sede na Coruña, mantendo a súa aposta por seguir medrando na cidade que a viu nacer.

"O quilómetro cero da nosa corporación está en Galicia e na Coruña", asegura Ignacio Rivera, presidente executivo de Hijos de Rivera.

Alfonso Rueda agradeceulle á empresa a vinculación con Galicia e reafirmou o apoio da Xunta ao tecido empresarial da comunidade. 

"Sodes unha parte moi importante da nosa identidade e eu agradezco que esta empresa siga tendo esa base familiar fundamental que é unha enorme parte do se éxito", dixo.

Rueda aposta por manter a simbiose entre a corporación e Galicia coa vista posta no vindeiro ano Xacobeo. 

14.000 metros cadrados

A nova sede, situada no polígono de Agrela, é, segundo o seu arquitecto, Pablo Gallego -cuxa empresa gañou o concurso en 2019- "un reto maiúsculo de máis de 14.000 metros cadrados construídos con esixencias de sustentabilidade e ambientais".

Está deseñado con 480 paneis solares e unha lagoa para recuperar a auga da choiva e poder reutilizala, con 40 pozos xeotermia, alén de contar con máis de 150 árbores. "Un bosque que veu para quedar na cidade", engadiu.

Actualmente, máis de 350 persoas dos servizos centrais da compañía atópanse xa traballando neste novo edificio, un antigo almacén de cereais que dá continuidade á historia de Hijos de Rivera desde a súa orixe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade