Rueda pídelle a Sánchez que impulse o corredor atlántico de mercadorías
O titular da Xunta participou no 30 aniversario da asociación Día de Galicia en Asturias
A presidenta da Asociación Profesional da Maxistratura, premiada no acto, pediu que se respecte a xustiza
A asociación Día de Galicia en Asturias celebrou os seus trinta anos de andaina inaugurando un cruceiro que simboliza a unión entre as dúas comunidades e facendo entrega das insignias de ouro.
Este ano, os premiados foron o empresario Francisco Rodríguez e a presidenta da Asociación Profesional da Maxistratura, María Jesús del Barco. No seu discurso a maxistrada pediu respecto pola xustiza.
"Escoitamos moitas veces como se trata de desprestixiar a nosa función, con discursos que son cada vez máis prolongados no tempo e máis bruscos nas formas. Hai a quen lle custa moito entender que os xuíces nos limitamos a aplicar a lei", afirmou Del Barco.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pediulle ao Goberno Central que impulse o corredor atlántico de mercadorías.
"Asturias, Galicia e Castela e León temos que seguir facendo forza e dicirlle ao Goberno Central que o noroeste tamén existen e ten que ser potenciado".
Rueda asegurou que seguirá traballando para reforzar os vínculos entre Galicia e Asturias.