Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda pide que se fale de financiamento e da apagada na Conferencia de Presidentes

Rueda pide que se fale de financiamento e da apagada na Conferencia de Presidentes

O presidente da Xunta cree que a convocatoria sorpresa da Conferencia é un intento de Pedro Sánchez para desviar a atención sobre os whatsapps de Ábalos

Rueda inaugura a mouteira do Camiño de Santiago en Bilbao para reforzar a ruta do Norte

G24.gal 15/05/2025 14:31 Última actualización 15/05/2025 14:48

Alfonso Rueda interpreta a convocatoria da Conferencia de Presidentes como unha manobra de Pedro Sánchez para tratar de desviar a atención dos whatsapp con Ábalos: "Intentar desviar a atención e que no se fale do que todo o mundo fala. Isto é do que no lle interesa que se fale ao Goberno, do que estamos sabendo a través dos Whatsapps". 

Nesa xuntanza o vindeiro mes de xuño en Barcelona, o Goberno Central propón que se fale de vivenda e da Formación Profesional. Rueda reclama que tamén se poña sobre a mesa a reforma do financiamento autonómico e as causas do apagamento e o seu impacto nos cidadáns e nas empresas.

"Algo tan importante como unha Conferencia de Presidentes improvísase e non hai máis que ver os temas. O financiamento está aí e seguímolo pedindo, non só comunidades do PP e non se vai tratar e tampouco se vai falar do apagamento e das consecuencias que tivo e seguimos sen explicacións", asegura Alfonso Rueda. 

O presidente da Xunta considera que se estes dous asuntos non se inclúen na orde do día a Conferencia será "outra oportunidade perdida".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade