Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda di que a situación do Goberno é "insostible" e pide que "a xente fale"

Rueda di que a situación do Goberno é "insostible" e pide que "a xente fale"

"Cada escándalo tapa os anteriores", di o presidente da Xunta, "o malo é que seguro que haberá máis"

Alfonso Rueda, en Ribadeo, co alcalde da vila, Daniel Vega, e o presidente de Asturias, Adrián Barbón (EFE/Eliseo Trigo) Alfonso Rueda, en Ribadeo, co alcalde da vila, Daniel Vega, e o presidente de Asturias, Adrián Barbón (EFE/Eliseo Trigo)
G24.gal 05/06/2026 12:58

​​​O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dixo este venres que a situación do Goberno “é insostible, en xeral, porque cada escándalo tapa os anteriores”, co que opina que “xa está ben” e que é o momento de que “a xente fale para que veña un novo Executivo".

Rueda fixo estas declaracións en Ribadeo, onde foi recibido, xunto co presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón, polo alcalde, Daniel Vega, para participar todos no izado da bandeira desta localidade e nun encontro organizado por La Voz e o Grupo Sabadell.

“É insostible, en xeral, todo o que estamos a ver”, afondou Rueda. Con respecto ao chamado caso Leire, subliñou que é “o último exemplo e, se mo permiten, dos máis claros”.

“Un ministro dicindo que non houbera ningún tipo de encontro da directora xeneral -da Garda Civil- coa fontaneira -Leire Díez- e recoñecendo pouco tempo despois que si, pero a título privado. Creo que move a tomarllo de broma, se non fose tan serio”, debullou en declaracións á prensa o presidente da Xunta e do PPdeG.

“O malo é que seguro que haberá máis, porque os sumarios se van levantando aos poucos e isto é insostible”, incidiu a continuación.

Na mesma liña, apuntou Rueda que o que lle preocupa especialmente, á parte da gravidade dos feitos en si, é que percibe que o Goberno central, "o Goberno do meu país, o Goberno que tiña que estar coas Comunidades Autónomas nestes momentos, está a ver como capea o último escándalo, a última revelación”.

Engadiu nesa liña que é “moi difícil que os seus compoñentes” poidan ter a cabeza nos asuntos que nos interesan a todos nesta situación”.

“Acabamos de ver o último coello da chistera, a última cortina de fume. Levamos anos sen orzamentos e agora resulta que este Goberno vai ser capaz de levar adiante un pacto polo financiamento autonómico e aprobar os orzamentos do ano que vén”, apostilou.

“Xa está ben, que a xente fale e que veña un novo goberno”, resolveu Rueda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade