Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda anima as empresas a apostar pola formación dual

Rueda anima as empresas a apostar pola formación dual

A empresa hoteleira empezou con seis empregados e hoxe ten máis de 200

G24.gal 01/02/2023 20:53 Última actualización 01/02/2023 21:54

O presidente da Xunta anima as empresas a apostar pola formación dual para facilitar a empregabilidade dos mozos e polo rural para fixar poboación.

Alfonso Rueda fixo estas declaracións na celebración do décimo aniversario da cadea hoteleira Hotusa en Chantada. Empezaron con seis traballadores, e hoxe teñen máis de 200.

Hai unha década que o presidente do Hotusa decidiu crear unha sede da empresa na súa terra, Chantada, cun cadro de persoal de xente nova, que dende o corazón de Galicia fai labores de mercadotecnia ou xestión de reservas. Para reter talento local teñen catro proxectos de FP Dual en colaboración con varios institutos da comarca.

O presidente da Xunta agradece o compromiso das empresas co rural e coa FP Dual, que compaxina os estudos con traballo remunerado.

Neste acto o presidente do Consello Económico e Social de España deu a súa receita para conseguir a igualdade de oportunidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos