Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda anima aos concellos a ceder terreos para vivenda pública

Rueda anima aos concellos a ceder terreos para vivenda pública

O presidente da Xunta visitou en Sanxenxo as parcelas onde se van levantar 25 inmobles públicos

O obxectivo da Xunta é chegar ás 10.000 vivendas públicas no 2030

G24.gal 17/02/2026 14:20

O concello de Sanxenxo cedeulle á Xunta de Galicia unha parcela no lugar de Noalla para levantar 25 novas vivendas públicas, nas que o goberno galego vai investir 7 millóns de euros. O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín asegura que "como hai falta de vivenda a ver se rompemos o bulo de que a xente marcha vivir a outros concellos limítrofes porque aquí non hai vivenda alcanzable."

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca a importancia da colaboración entre administracións para chegar ás 10 mil vivendas públicas no 2030:  

"Se non están rematadas a finais do 27 estarán a punto do 28 e darémoslles unha alegría a 25 familias en Sanxenxo e a outras noutros lugares porque estou seguro de que chegaremos a máis acordos"

As vivendas que se constrúan en Noalla van primar o uso da madeira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade