Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda anima a aproveitar o termalismo para liderar a aposta por un turismo sostible

Rueda anima a aproveitar o termalismo para liderar a aposta por un turismo sostible

250 profesionais de 22 países reúnense en Ourense no Congreso Internacional de Turismo Termal

G24.gal 28/09/2022 17:21 Última actualización 28/09/2022 19:23

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anima a aproveitar o termalismo para liderar a aposta por un turismo sostible "non masificado".

Díxoo durante a inauguración do Congreso Internacional de Turismo Termal, que reúne en Ourense 250 profesionais de 22 países.

Rueda destacou nese acto que Galicia concentra o 20% da oferta termal de España, con 21 balnearios, e defendeu a aposta do seu Goberno por aproveitar as oportunidades sanitarias e turísticas das augas medicinais.

O presidente lembrou que a nosa comunidade aprobou a primeira lei en España para protexer a salubridade das augas, que a Xunta apoia o sector con axudas á creación de emprego e proxectos presentados aos fondos Next Generation e programas de estadías en balnearios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade