Cargando resultados...
Rueda agarda que o papa poida vir a Galicia no próximo Xacobeo 2027
O presidente da Xunta asegura que vai traballar co arcebispado de Santiago de Compostela para conseguilo
G24.gal
09/05/2025 14:15
Alfonso Rueda agarda que o Papa León XIV poida vir a Galicia no próximo Xacobeo 2027. "Transmitirlle a importancia e o simbolismo que tería a súa presenza no Xacobeo 2027, que creo que vai ser un Xacobeo espectacular", aclara Rueda.
O presidente da Xunta avanza que vai traballar co arcebispado de Santiago para conseguilo. "Farémolo como creo que hai facer para ser eficaces, traballando coa igrexa en Galicia, co arcebispado de Santiago", conclúe.