Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda agarda que a Conferencia de Presidentes sexa "útil" e con "capacidade de diálogo"

Rueda agarda que a Conferencia de Presidentes sexa "útil" e con "capacidade de diálogo"

As comunidades do PP van levar un pan conxunto en financiamento, nucleares e inmigración

G24.gal 05/06/2025 15:35

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, espera que a Conferencia de Presidentes que se celebra este venres en Barcelona sexa "útil" porque esa é a "vontade coa que hai que ir", á parte de reclamar "capacidade de diálogo e de acordo".

Durante a súa intervención este xoves na clausura da asemblea da Confederación de Empresarios de Galicia, en Santiago de Compostela, advertiu de que o formato desta conferencia é "complicado", pero en todo caso asegura que hai que acudir con esa vontade de que resulte "útil de verdade".

Rueda referiuse aos temas "fundamentais, indiscutibles", dos que se vai falar, como a FP e a vivenda, expostos inicialmente polo Goberno central, así como os que reclamaron as comunidades gobernadas polo PP que son igualmente de "imprescindible debate e, se é posible, imprescindible acordo". Entre eles, as infraestruturas enerxéticas, sobre todo as que ten que ver coa electricidade; a implantación de industrias sobre seguridade "con determinación e tamén con valentía"; as infraestruturas ou o financiamento autonómico.

Proposta conxunta das comunidades do PP

As comunidades autónomas gobernadas polo PP levarán este venres á Conferencia de Presidentes un documento conxunto no que expoñen diferentes acordos para os temas da orde do día.

 En canto ao financiamento, as comunidades do PP cargan contra o financiamento singular de Cataluña, opóñense á condonación da débeda, esixen respecto á "autonomía tributaria" e solicitan a actualización das entregas a conta e que se manteña o mecanismo 'Extra-Fla'.

Sobre a vivenda, o PP insiste en derrogar a lei aprobada polo Goberno de Sánchez sobre esta materia, á vez que reclaman máis solo público, reducir a fiscalidade en vivenda e "derrogar o decreto antidesafiuzamentos".

Sobre a política enerxética, o PP reclama "máis seguridade e investimentos técnicas nas redes de Rede Eléctrica Española e enerxías de respaldo para evitar un novo apagamento". Aquí recollen a súa reivindicación de prolongar a vida útil das centrais nucleares.

Do mesmo xeito, expoñen que o control de fronteiras e a política migratoria é "competencia exclusiva do Estado" e apostan por reforzar os mecanismos de cooperación no control de fronteiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade