Publicador de contidos

Publicador de contidos

A que sabe a Semana Verde de Galicia esta edición? O país invitado é México

A que sabe a Semana Verde de Galicia esta edición? O país invitado é México

Presentouse Saberes da Terra para valorar os produtos das serras galegas que contribúen á súa conservación

Café, mezcal e picantes son os embaixadores da gastronomía mexicana na feira

Galletas feitas con mel das serras galegas dentro da marca colectiva Saberes da Terra
G24.gal 06/06/2025 21:30 Última actualización 06/06/2025 21:33

De Galicia a Andalucía ou ás illas Canarias. Son só algunhas das viaxes gastronómicas que nos propón este ano a Semana Verde de Galicia.

Este serán podemos comezar polos sabores máis nosos, os representados na marca colectiva Saberes da Terra que rexistraron as universidades da Coruña e de Santiago dentro do proxecto Ruraltxa cos produtores de 25 comunidades de montes das serras do Xistral, A Groba e A Faladoira como nos explica Laura Lago, investigadora da UDC no proxecto.

"Para poñer en valor eses produtos, carne, mel, experiencias ecoturísticas que proveñen desas actividades tradicionais que contribúen á conservación de hábitats en Galicia, de queirogais e turbeiras".

Para limpar o padal e preparalo para máis sabores, coñecidos ou non, sempre hai sitio para unha cunca de caldo, un dos expositores de máis éxito a xulgar polas aglomeracións.

Non nos podemos substraer ás delicias de México, país invitado desta edición, co picante, o café e a augardente de pequenos produtores como protagonistas.

Ao final do paseo polo recinto enchemos bolsas de compras saborosas e tamén o buche. Esta fin de semana, máis cociñeiros en vivo, máis degustacións, máis sabores novos, van atrapar miles de visitantes ávidos de probar a que sabe a Semana Verde de Galicia. Na última edición pasaron por aquí máis de 80.000 persoas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade