Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda: "A parte española do AVE terá tres anos de atraso"

Rueda: "A parte española do AVE terá tres anos de atraso"

"As achegas que deberían estar dotadas non están", di o presidente da Xunta

G24.gal 24/11/2022 15:17 Última actualización 24/11/2022 16:51

O presidente da Xunta deu a coñecer hoxe un informe técnico sobre a situación da alta velocidade entre Vigo e Porto.

Alfonso Rueda dixo que a "falta de avances" en España da conexión ferroviaria suporá un atraso de tres anos respecto ao treito na parte portuguesa.

"A evidencia demostra que as achegas que deberían estar dotadas non están. Isto é un toque de atención respecto a unha realidade: a esta velocidade de tramitación e con estas consignacións a parte portuguesa do AVE estará rematada no 2030 e a parte española, como mínimo, terá tres anos de atraso. Todo o demais son declaracións de boas intencións pero son pouco útiles", afirmou Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade