Rubiales pactou con Piqué un 'pelotazo' de 24 millóns pola Supercopa en Arabia, segundo 'El Confidencial'
Rubiales pactou con Piqué un 'pelotazo' de 24 millóns pola Supercopa en Arabia, segundo 'El Confidencial'
Conversas, documentos e audios revelan que o presidente da RFEF e o defensa do Barça se aliaron para cobrar unha comisión multimillonaria por celebrar a Supercopa en territorio saudita
Luis Rubiales pactou con Gerard Piqué o cobro dunha comisión millonaria polo traslado da Supercopa de España a Arabia Saudita. Documentos e audios aos que tivo acceso El Confidencial revelan que o presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) meteu presión ás autoridades de Riad para que aboasen ao xogador do F. C. Barcelona ata 24 millóns de euros por disputar o torneo nese país e tratou logo de ocultar a participación do futbolista no contrato.
"Geri, parabéns. E non me refiro nin ao partidazo de onte nin ao teu gol. Refírome a que xa son máis das 12 e, polo tanto, xa é firme o acordo con Arabia Saudita. Un abrazo, grazas por todo e aquí estou para o que necesites", asegurou Rubiales a Piqué o 15 de setembro de 2019.
O comentario forma parte dos Supercopa Files, un alude de arquivos inéditos que desvelan, entre outros presuntos escándalos, que Piqué tivo un papel decisivo nas negociacións para a celebración da Supercopa en Arabia Saudita e gozou ao longo dese proceso dun trato privilexiado por parte de Rubiales por motivos non aclarados. Un portavoz de Piqué negou a este diario que recibise ese trato de favor.
El 15 de septiembre de 2019, Rubiales envió un audio a Piqué en un tono propio de dos socios que comparten intereses económicos. "Geri, enhorabuena. Ya son más de las 12 y por lo tanto ya es firme el acuerdo con Arabia Saudí" #SupercopaFileshttps://t.co/fC8aW4G4Ge pic.twitter.com/FB2obq2qCq
— El Confidencial (@elconfidencial) April 18, 2022
O presidente da Liga, Javier Tebas, falou sobre as presuntas comisións de Piqué e de Rubiales.
"Que se pronuncien os que partciparon neses audios. Vin como reparten os ingresos, xa o Valencia se queixaba diso. Nós pensamos que non pode ser así, non me parecería ben"