Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubén Fernández quere recuperar o perdido en Lommel

Rubén Fernández quere recuperar o perdido en Lommel

O piloto vigués chega a Suecia con ganas de remontar despois dunha fin de semana moi difícil en Bélxica, onde todos os seus rivais sumaron máis puntos 

Na carreira de cualificación o triunfo foi para Febvre que aumentou a vantaxe á fronte do Mundial

G24.gal 15/08/2025 15:09 Última actualización 15/08/2025 15:58

O Mundial de MXGP aterra en terras escandinavas para celebrar a 16ª rolda dun campionato, que entra xa na recta final. Tras a rolda no circuíto Uddevalla, só quedarán catro citas nun mundial, no que aínda está todo por decidirse.

Romain Febvre lidera o campionato con 734 puntos, pero ten a Lucas Coenen pisándolle os talóns, con apenas 9 puntos de diferenza e 725 puntos na súa marcadora. Unha fin de semana en territorio sueco, que será clave, e no que todos queren facelo ben.

Aínda que alguén que, sen dúbida, quere aproveitar esta rolda e recuperar os puntos que se deixou en Lommel, é Rubén Fernández. O piloto galego tivo unha fin de semana moi complicada en Bélxica, no que apenas sumou 16 puntos. Mentres tanto, todos os seus rivais recortáronlle puntos e isto fixo que a distancia na loita polo top 3 sexa aínda maior.

Glenn Coldenhoff, mantívose 3º no a clasificación do Mundial, sumando 24 puntos máis que Fernández e ampliando a distancia co español en 67 puntos (534 puntos de Coldenhoff fronte aos 467 do español). Por detrás, Calvin Vlaanderen recortoulle 28 puntos ao vigués e ponse a só 31 puntos de arrebatarlle a cuarta posición a Fernández. A pesar diso, o de Fonda chega a un circuíto moi diferente ao de Lommel.

A pesar de que o ano pasado non puido disputar a rolda no trazado sueco, Fernández conseguiu un oitavo posto na xeral de 2023. O galego, chega ao país escandinavo con ganas de redimirse do que pasou en Bélxica, e que mellor que facelo nun circuíto tan histórico como o de Uddevalla.

O trazado sueco, que se atopa a un 100 km ao norte de Gotemburgo, celebrará o seu 27ª Gran Premio de MXGP, pero cunha historia que se remonta á década dos 50, e que a día de hoxe, segue atendendo á súa cita coa categoría. Agora, Fernández terá que recuperar os puntos que perdeu no anterior GP.

Algo que non será fácil, xa que todos os seus rivais chegan nun bo momento de forma e o español aterra en Suecia tras sufrir moito en terras belgas. Con todo, tanto Fernández como o equipo Fonda HRC irán a por todas nunha fin de semana importante, xa que despois de Uddevalla, só quedarán Países Baixos, Turquía, A China e Australia para poñer o broche de ouro a un campionato que promete emocións fortes ata o final. As carreiras serán ás 14:15 e ás 17:10 e poderanse seguir a través de Eurosport e TVG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade