Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubén Fernández queda sen podio tras unha accidentada segunda manga en Suíza

Rubén Fernández queda sen podio tras unha accidentada segunda manga en Suíza

Partía con grandes opcións, pero acabou descualificado por un erro cometido no intento de remonta despois de sufrir unha caída

Tamén caeron, e abandonaron, Tim Gajser, Maxime Renaux e Valentin Guillod nunha proba que gañou Lucas Coenen

G24.gal 21/04/2025 18:23 Última actualización 21/04/2025 18:31

No Gran Premio de Suíza do mundial de motocrós, Rubén Fernández partía con grandes opcións, pero unha caída na saída da segunda manga  privouno de estar entre os mellores. O vigués rematou na décimo segunda posición e os xuíces acabaron descualificándoo por non deterse de xeito total no pitlane. Foi unha moi accidentada segunda manga na que ademais do galego tamén caeron, e abandonaron, Tim Gajser, Maxime Renaux e Valentin Guillod.

"Loitei ata o límite e ás veces pasándome. Adiantei a case 30 pilotos para rematar na duodécima posición. Porén, durante a carreira saínme da pista e tiven que ir polo pitlane. A miña intención centrouse en volver á posición correcta e non parei. Só cando crucei a liña de meta me enterei de que me descualificaran", declarou Rubén Fernández ao final da segunda carreira. 

A vitoria foi para o belga Lucas Coenen, que gañou con superioridade as dúas mangas. As próximas carreiras do mundial serán en Águeda, en Portugal, e no circuíto Jorge Prado de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade