Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubén Fandiño "Estou adaptándome pouco a pouco á categoría"

Rubén Fandiño "Estou adaptándome pouco a pouco á categoría"

O  ciclista do Superfroiz  quere aprender desta nova etapa na súa carreira deportiva

G24.gal 23/04/2022 13:06

Na posta de longo do Superfroiz esta temporada estivo o Galicia en Goles. Nel falaron con tódolos protagonistas nun acto marcado pola emotividade, tralo falecemento hai poucos días do alma mater Magín Froiz.  Será unha figura moi presente tanto nos veteranos como nos novos valores. Un deles é Rubén Fandiño.

"Estou contento de empezar este ano, estou aprendendo dos que levan o equipo e adaptandome á nova categoría que é máis complicada. O nivel é mais alto, as distancias máis longas, hai máis marxe de idades. Levaba un par de anos correndo por Cantabria, ao ser galego xuntouse todo e decidimos correr neste equipo. Os de primeiro ano en cada carreira estamos máis adiante. Esta fin de semana agardamos na primeira cita da Copa de España axudar aos veteranos"

Coma todo ciclista, Rubén ten o seu rol e as súas características.

"Eu son un sprinter, o que mellor se me da é o sprint, o chan e as subidas cortas tamén as aguanto ben. debo mellorar o fondo, para levar mellor as carreiras longas e nas subidas longas coller un puntiño máis"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar