Rubén Domínguez quere traer outro Primeira a Pasarón na Copa
O Pontevedra recibe ao Éibar en Pasarón
Unha vitoria asegura un rival de Primeira División na seguinte rolda
O partido será retransmitido a partir das 21:00 pola G2 e Agalegaaudio.gal
A Copa volve a Pasarón. O Pontevedra recibe este martes ao Éibar. O obxectivo é repetir a fantástica andaina no torneo que os granates protagonizaron o ano pasado. Un triunfo ante os vascos garantiría un rival de Primeira na seguinte rolda lembra Rubén Domínguez, o adestrador do Pontevedra: "Nos últimos 30 anos cantos equipos de Primeira División viñeron a Pasarón? Pois hai que darlle moito valor, xa que estamos na copa e temos que tentar xerar esa ilusión e volver traer un Primeira División"
As lesións van marcar a convocatoria do conxunto granate, pero o técnico non quere escusas: "Hai que estar preparados. Vai ser unha oportunidade para Expósito, para Nico, para Denia, para xogadores do filial. Pero que ninguén teña dúbidas de que o Pontevedra vai competir, imos facer un bo partido, imos positivos e con ganas".
Lembren que poderán seguir o partido en directo a partir das 21:00 a través da G2 e Agalegaaudio.gal