Cargando resultados...
O Deportivo mantén a segunda praza tras a vitoria do Rácing e o empate do Málaga
O Rácing de Santander gaña 3-1 ao Spórting de Xixón e recupera o liderado en solitario
O Málaga, próximo rival do Deportivo, empata 3-3 no campo do Andorra
G24.gal
01/04/2026 22:57
Última actualización 01/04/2026 23:32
A disputa polos postos de promoción de ascenso e ascenso directo a Primeira División está no seu momento máis emocionante.
O Real Rácing Club de Santander recupera o liderado en solitario con 62 puntos, ao gañar 3-1 ao Spórting de Xixón. O Deportivo está segundo, en postos de ascenso directo, con 59 puntos. Con esa vantaxe afronta o partido do sábado en Riazor ante o Málaga (56 puntos), cuarto clasificado.
Máis descolgado queda o Burgos, con 54 puntos, que non pasou do empate a 1 ante o Ceuta.
