Rubén Albés quere que o Lugo "asuste" o Valladolid
"Está a ser unha semana difícil a nivel de dispoñibilidade. É preocupante".
O técnico do Lugo, Rubén Albés analizou o Valladolid e a dificultade do encontro, aínda que demostrou plena confianza nos seus xogadores.
"Está a ser unha semana difícil a nivel de dispoñibilidade (de xogadores). É preocupante. Preocúpame moito máis como cheguemos, que o momento do rival. Importante saber en que condicións podemos estar"
"Temos unha proba esixente para ver como nos levantamos. Temos convicción en nós mesmos, confiamos en todos os xogadores. Con esa idea afrontamos o choque ante un superequipo. Desde a autoestima e a confianza no noso"
|SP| 📽️
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) April 1, 2022
👉 Lembra as palabras do míster @RubenAlbes durante a comparecencia de prensa de hoxe, previa ao #RealValladolidLugo de mañá! 🗣️#ForzaLugo