Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubén Albés non seguirá como técnico do Lugo a próxima temporada

Rubén Albés non seguirá como técnico do Lugo a próxima temporada

O adestrador e o club separarán os seus camiños tras un período compartido, comprendido entre a recta final da campaña 20-21, e a temporada 21-22 

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 19/05/2022 10:56 Última actualización 19/05/2022 14:10

O Lugo informa que Rubén Albés non seguirá como técnico do equipo a próxima temporada.

O adestrador e o club separarán os seus camiños tras un período compartido, comprendido entre a recta final da campaña 20–21, e a temporada 21–22 na súa totalidade. Conseguiron nos dous casos a permanencia e consolidación do equipo na Liga Smartbank.

Albés recoñeceu que foi unha decisión persoal: 

"Entendo que o meu ciclo no Lugo, onde fun feliz e respectado, debe finalizar con dúas permanencias. Isto implica moito desgaste. Involúcrome moito co club emocionalmente. Non continúo desde o agradecemento"

Rubén Albés mandoulle tamén un recado á afección:

"Perdeuse o valor do que significa que o club estea en 2ª. Tiven envexa do ambiente no Breogán. Hai que ser conscientes de que somos o 2º equipo de Galicia, o que máis tempadas leva na 2ª. Perdeuse a ilusión pola 2ª""

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos